Nome comercial dun composto sintético utilizado para mellorar a estrutura dun solo. Trátase dun sal sódico ou cálcico dunha poliacrilamida. A acrilamida que pode conter como impureza pode supoñer un risco ambiental segundo algúns autores. Foi o primeiro acondicionador introducido comercialmente en 1951.