...

Lei que anuncia que o movemento por difusión é proporcional ao gradiente de concentración, á área da sección dispoñible e ao tempo. No caso dunha difusión unidireccional, exprésase qx = −D(∂C/∂x), onde qx é a densidade de fluxo ou taxa de transferencia (M L−2 T−1), D é o coeficiente de difusión (L2 T−1) e ∂C/∂x é o gradiente de concentración. O signo menos indica que o fluxo ten lugar no sentido das concentracións decrecentes.