...

Molusco gasterópodo pulmonado (Filo Mollusca, Clase Gasteropoda) e terrestre. A diferenza dos caracois a súa cuncha é reducida, interna carecen dela (a) e polo tanto deben segregar baba non só para a locomoción senón tamén para protexer o seu tegumento. Son consumidores xeneralistas, alimentandose de plantas, liques, fungos e mesmo doutros animais (outras babosas ou miñocas). Debido a que moitas especies son defoliadoras e perforan os froitos e as hortalizas son consideradas pragas en agricultura.