Método de análise granulométrica do solo baseado na separación de partículas segundo o seu tamaño, por arrastre nunha corrente de auga. A mostra trátase con peróxido de hidróxeno, H2O2, para destruír a materia orgánica, transfírese a unha probeta vertical (cilindro de Atterberg), engádese auga e hexametafosfato sódico (dispersante) e faise circular auga de forma continua, a unha velocidade determinada, de maneira que as partículas máis finas serán arrastradas, mentres que as máis grosas sedimentarán. Deste xeito prodúcese unha separación de partículas e pódese determinar a cantidade relativa das distintas fraccións (area, limo e arxila).