Formación constituída por un leito de cantos, xeralmente angulosos, continuo, de pouco espesor, localizado dentro do solo ou dun material. Interprétase coma un depósito residual nunha superficie de erosión, na que esta foi eliminando as partículas finas ata chegar a formarse un pavimento residual. O material que se atopa por enriba da liña de pedras procede dunha achega coluvial posterior. O antigo pavimento, en realidade unha superficie máis ou menos plana, ao cortala verticalmente, ofrece o aspecto dunha liña.