...

Compostos orgánicos de cadea lineal, hidrófobos (insolubles en auga pero solubles en disolventes orgánicos, tales como cloroformo, metanol, etanol, entre outros). A súa natureza química é variada pero adoitan clasificarse en lípidos saponificables e lípidos non saponificables. Dentro dos primeiros inclúense os ácidos graxos, lípidos simples neutros (glicéridos, ceras) e lípidos complexos polares (glicerolípidos e esfingolípidos); os lípidos insaponificables inclúen isoprenoides, esteroides, e eicosanoides.

As ceras, presentes na cutícula da epiderme das plantas superiores, de moitos invertebrados e de microorganismos, son compostos máis sinxelos, aínda que bastante resistentes á degradación.

No solo os lípidos proceden dos residuos vexetais, animais e microbianos. Constitúen só unha pequena parte da materia orgánica total.