Familia de Oligoquetos (Annelida: Clitellata) que forma parte da macrofauna do solo.
O corpo é cilíndrico e segmentado, e desprázanse mediante ondas de contracción do corpo. Forman un clitelo, unha rexión glandular que segrega a envoltura dos casulos tralo intercambio de esperma entre dous individuos.
As miñocas representan a maior biomasa animal na maioría de ecosistemas con solos con valores de pH neutros ou lixeiramente ácidos. Modifican o hábitat no que viven, desempeñan unha importante labor de bioturbación, modifican a estrutura do solo, favorecen a aireación do solo, descompoñen a materia orgánica e interveñen no ciclo dos nutrientes e crean estruturas que poden ser colonizadas por outros organismos.
Constitúen indicadores da calidade do solo.