Organismos do solo cun diámetro corporal de 2 a 20 mm e duns 4 a 80 mm de lonxitude.
Presentan unha gran mobilidade. Habitan dentro do solo, algúns na follada e outros na superficie do solo.
Está integrada principalmente por: 1) invertebrados non artrópodos: anélidos oligoquetos (miñocas); moluscos gasterópodos (caracois e lesmas); 2) invertebrados artrópodos: miriápodos (diplópodos ou milpernas, e quilópodos ou cempés); crustáceos isópodos (cochinillas da humidade); adultos e larvas de insectos isópteros (térmites); coleópteros e himenópteros (formigas, así como especies de abellas e avespas que constrúen niños subterráneos); e arácnidos (arañas e escorpións).
A súa actividade céntrase en: 1) fragmentar a follada e os residuos orgánicos frescos incorporados ao solo, polo que interveñen na descomposición da materia orgánica e nos ciclos de nutrientes; 2) transportar e mesturar materiais dentro do solo (bioturbación); 3) formar galerías e cámaras e con iso aumentar a porosidade; 4) formar turrículas e niños na superficie do solo que atraen microorganismos.