...

Elemento químico metálico, alcalino-térreo, de símbolo Mg, número atómico 12, peso atómico 24,3 e estado de oxidación +2. Forma parte da composición de silicatos frecuentes nas rochas e nos solos: (1) grupo da olivina (forsterita (Mg2SiO4 e olivina (Mg,Fe)2SiO4); (2) piroxenos e anfíbolos e (3) filosilicatos, nos que forma parte das capas trioctaédricas dos minerais da arxila (capa brucítica), así como nas capas dioctaédricas (gibbsíticas), cando substitúe isomórficamente ao Al. En solos con carbonatos se pódese presentar en forma de dolomita (CaMg(CO3)2) ou de magnesita (MgCO3). En solos salinos, preséntase como MgCl2 e MgSO4, que son sales máis solubles que o xeso. É un macronutriente esencial para as plantas posto que forma parte da clorofila. Existen interaccións potasio-magnesio, que poden crear problemas nutricionais (hipomagnesia) nos animais que pastan en pradarías sobre solos con tales desequilibrios.