...

Trazo edáfico, xeralmente minoritario, que pode consistir en: a impregnación dun volume (unha superficie, vista no perfil do solo) por un compoñente que lle confire unha cor distinta ao da matriz (xeralmente, por acumulación de óxidos de ferro e manganeso en solos hidromorfos); nunha descoloración por migración dun compoñente cromóxeno (xeralmente, óxidos de ferro en solos hidromorfos), ou na achega localizada dun material de cor distinta (p.ex., nas crotovinas).