Terreo chan e lamacento propio de ambientes costeiros tropicais e subtropicais, con augas salobres pouco profundas, protexido das ondas e inundado temporalmente pola marea. Está ocupado por unha formación vexetal arbórea sempre verde, pechada, adaptada a este ambiente de augas salobres e condicións hidromorfas, con raíces aéreas respiratorias (neumatóforos), como as que presentan as especies Rhizophora mangle e Avicennia marina, entre outras. Constitúe un ambiente de moita sedimentación de lodos e materia orgánica, asociada a cursos fluviais. A posibilidade de que conteña sulfuros (FeS e FeS2) é elevada, e debe terse en conta no caso de querer levar a cabo actuacións que impliquen unha drenaxe artificial.