...

Indicador da calidade do solo baseado na caracterización e na medida da fertilidade biolóxica (actividade da biota do solo), que está estreitamente relacionada coa fertilidade física e química do solo.

Constitúe un instrumento de análise que permite simplificar, cuantificar, integrar e transferir información sobre a situación nutricional e funcional do solo nun momento dado e os cambios que sufre ao longo do tempo, debidos aos efectos dos procesos naturais ou ás intervencións de manexo.

A utilización de indicadores axuda á toma de decisións, tanto a escala local e rexional como global, orientada a unha xestión sostible dos ecosistemas.