...

Fracción lábil da materia orgánica do solo (MOP) integrada por partículas (fragmentos orgánicos grosos) de tamaños entre 50 μm e 2.000 μm, que se poden separar mediante peneirado ou por flotación.

As fraccións da MOP inclúen materiais parcialmente descompostos, a súa estrutura é aínda recoñecible, son heteroxéneos (tamaño, densidade e enerxía) e relativamente sinxelas de biodegradar, polo que responden facilmente ao manexo do solo.

A súa importancia reside en que é unha fonte de nutrientes para os organismos do solo e para as plantas; e ten un papel importante na formación de macroagregados, nos que se pode atopar encapsulada e protexida da biodegradación. Siglas: galego MOP (en. particulate organic matter).