...

Metal de densidade superior a 5 000-6 000 kg m−3. Pode tratarse de: Cu, Fe, Mn, Mo, Co, Zn, Cd, Cr, Hg, Ni e Pb. Xeralmente, aplícase tamén a algúns metais de densidade inferior (Ti) e a outros elementos non metálicos, tales como: As, Se, B, Sb. Algúns deles (Cu, Mo, Zn, Mn) son micronutrientes esenciais para a vida, aínda que en concentracións altas poden chegar a ser tóxicos se se atopan nunha forma biodispoñible para os organismos vivos. Outros elementos (Cd, Hg, Pb, Cr, As, Ti, Sn) non son relevantes como elementos esenciais pero sí pola súa toxicidade, polo que se estableceron limiares por riba dos cales a súa concentración pode resultar tóxica, segundo as características do solo, entre outros factores. Trátase dunha denominación pouco precisa.