...

Método utilizado para inducir e medir a repelencia á auga ou hidrofobia nunha mostra de solo. Consiste en verter tres gotas dunha disolución acuosa con concentracións crecentes de etanol, sobre a superficie lisa de mostras equivalentes do solo obxecto da proba, ata que, cunha determinada concentración de etanol, teña lugar a infiltración inmediata da disolución engadida. Canto máis elevada sexa a concentración, maior será a repelencia á auga. Este método, xunto co da medida do tempo de penetración das gotas de auga depositadas na superficie dunha mostra, emprégase en solos e en substratos orgánicos.