Método utilizado en Francia para determinar o contido de carbono orgánico do solo por medio da súa oxidación parcial. Consiste en engadir unha mestura aceda de dicromato de potasio (K2Cr2O7) á mostra con aporte de calor, o que mellora a súa oxidación, e valorar o exceso de oxidante engadido. Débese utilizar unha cantidade considerable de axente oxidante para poder analizar mostras cun contido elevado de carbono orgánico. É un método rápido e doado de aplicar. Para calcular o contido de materia orgánica (m.o.) suponse que esta contén un 58 % de carbono orgánico (c.o.), de maneira que m.o. = 1,72 · c. o.