Método de análise utilizada para determinar o ferro libre no solo. Consiste en facer unha extracción a partir dunha mostra de solo con hidrosulfito de sodio (Na2S2O4). Seguidamente destrúese a materia orgánica cunha mestura sulfonítrica. A valoración faise con sulfocianuro de potasio (KSCN) ou con clorhidrato de fenantrolina.