Método para determinar a calcaria activa que consiste nunha extracción con oxalato de amonio, (NH4)2 C2 O4, e na valoración do carbonato de amonio, (NH4)2CO3, formado (mediante a calcimetría ou outro procedemento de maior precisión). Recoméndase para mostras que conteñan xeso, ademais de calcaria activa, xa que o xeso interfire ao utilizar o método Drouineau.