Método de reconto de microorganismos que consiste en preparar unha suspensión de células microbianas (mostra de solo nun volume medido de auga esterilizada e axitar até a disgregación das partículas de solo e a suspensión dos microorganismos presentes).
Estas suspensións dilúense (dilucións seriadas en varias etapas, normalmente de dez en dez, pero ás veces de cen en cen) antes de vertelas na superficie do medio de cultivo (agar nunha placa de Petri), estendéndoas coa axuda dunha asa de Diralsky de cristal estéril. Incúbase e cóntanse as colonias microbianas.