...

Método de campo para determinar a densidade aparente de solos e materiais cuxo tamaño de partículas medio sexa inferior a 50 mm. Consiste en: (1) escavar con coidado un foxo no solo ou no material e reservar todo o material extraído, para pesalo unha vez seco; (2) medir o volume do foxo, enchéndoo con area estandarizada, lavada e secada en estufa, formada por partículas de cuarzo, non cementadas, de tamaño comprendido entre 0,5 mm (ASTM n. 35) e 2 mm (ASTM n. 10). A area engádese con axuda dun cono metálico provisto dunha válvula cilíndrica, cun extremo acabado en embude e o outro axustable ao recipiente subministrador da area. A densidade aparente determínase como a relación entre a masa seca do material extraído e o volume do oco escavado, obtido a partir do volume de area utilizado para enchelo. É un método simple de realizar, aproximado, que require un ambiente seco e que o solo non teña macrofisuras. Está estandarizado, p. ex., corresponde á norma CAN/BNQ 2501-060 de Canadá e á ASTM D1556, UNE 7371, 83109 de Estados Unidos.