...

Técnica analítica utilizada para determinar a masa de auga contida nunha mostra de solo e calcular a súa proporción. A norma estándar consiste en secar a mostra en estufa a 105 °C ata acadar un peso constante. Este procedemento non resulta axeitado para mostras nas que algún dos seus compoñentes maioritarios conteña auga de cristalización de alta enerxía. Por exemplo, en caso de abundancia de xeso (CaSO4 2H2O), débense secar a menos de 50 °C para evitar a perda desta auga, o que alteraría a fase mineral, falseando así os resultados. O método gravimétrico é o de referencia e utilízase para calibrar outros métodos. É sinxelo de levar a cabo nun laboratorio de solos estándar, xa que solo require dunha barrena, frascos de peche hermético, unha balanza de precisión, unha estufa e un desecador. Ten o inconveniente de non permitir medidas automatizadas, nin rexistros continuos en campo, xa que todo o proceso é manual.