Técnica de biorremediación que se basea na utilización de fungos para degradar ou secuestrar contaminantes (biosorción). Utilízanse in situ e en biorreactores.
Por exemplo, o fungo da podremia branca, Phanerochaete chryosporium, grazas ao seu sistema de encimas lignolíticos (produción de ligninperoxidase e manganeso peroxidase) ten capacidade para degradar (mineralizar) contaminantes orgánicos, tales como hidrocarburos aromáticos policíclicos (HPA), hidrocarburos aromáticos clorados (HAC), bifenilos policlorados, organofosforados, dioxinas, praguicidas (DDT e lindano), herbicidas, entre outros. Non obstante, as transformacións son lentas. A especie fúnxica Pleurotus ostreatus é efectiva na degradación de plásticos biodegradables.
Para a biosorción de metais pesados utilizáronse fungos, tales como Aspergillus, Rhizopus, Botrytis, Neurospora, entre outros.