Micorriza que é simbionte obrigado do 80 % das plantas superiores, principalmente non leñosas.
Os fungos que forman endomicorrizas arbusculares (MA) pertencen ao filo Glomeromycota e inclúen principalmente a dezasete xéneros, os máis comúns: Rhizopaghus, Acaulospora, Gigaspora, Glomus, Scutellospora, Cetraspora e Sclerocystis. As MA colonizan a casca da raíz formando un micelio extenso, vesículas e arbúsculos e tamén producen abundantes hifas e esporas nos solos.