Bioelemento esencial para as plantas necesario en cantidades moi pequenas e non supera o 0,01 % da materia seca. Son micronutrientes: Fe, Mn, Zn, Cu, B, Mo, Cl. A maior parte deles son predominantemente constituíntes de moléculas encimáticas, polo que só son esenciais en cantidades moi pequenas. Nos solos, atópanse normalmente como elementos traza (< 0,1 %), aínda que non en tódolos casos (p.ex., o ferro é moi abundante no solo), polo que non resulta axeitado denominalos xenericamente oligoelementos (do gr. olígo, ‘pouco’). Tamén é inadecuado denominalos elementos menores, xa que son esenciais para as plantas.