Conxunto de minerais da subclase dos filosilicatos. Os minerais da arxila teñen unha grande influencia no comportamento do solo polo seu pequeno tamaño (uns poucos micrómetros, como máximo), a súa elevada superficie específica e a súa carga eléctrica superficial. Se identifican principalmente utilizando análise por difracción de raios X e se poden observar con microscopio electrónico de transmisión. A súa estrutura é laminar. Cada lámina pode estar constituída por unha capa tetraédrica (T) unida a unha capa octaédrica (O), estrutura T-O; por dúas capas tetraédricas unidas a unha capa octaédrica, estrutura T-O-T; ou por láminas T-O-T unidas por unha capa octaédrica, estrutura T-O-T-O, o que da lugar a diferentes minerais de arxila. Unha capa tetraédrica unida a una capa octaédrica da lugar a minerais 1:1 ou T-O (grupo do caolín ou da serpentina); a unión de unha capa tetraédrica a ambos lados de unha capa octaédrica forma minerais 2:1 ou T-O-T (talco, pirofilita, micas, vermiculitas e esmectitas), mentres que a existencia de unha capa octaédrica con carga eléctrica entre dúas láminas T-O-T da lugar a arxilas 2:1:1 ou T-O-T-O (cloritas). As arxilas interestratificadas están formadas por láminas mixtas dos tipos anteriores. Tamén se inclúen dentro dos minerais de arxila os que teñen unha estrutura fibrosa (paligorskita e sepiolita). As propiedades dos minerais de arxila dependen en gran medida da súa estrutura, carga e superficie específica, como por exemplo o espazado interlaminar, a expansibilidade, a absorción de auga, a capacidade de intercambio de catións e os efectos térmicos.