...

Mineral que resulta inestable en clima húmido, menos resistente que o cuarzo e os minerais 1:1, pero máis resistente que a calcita. Cando se meteoriza libera os seus constituíntes: catións básicos, ferro, aluminio e sílice. O son: todos os filosilicatos 2:1, o grupo da clorita (agás as cloritas alumínicas), a sepiolita, a paligorskita, a alófana, os filosilicatos trioctaédricos 1:1 (serpentinas), os feldespatos, os feldespatoides, os minerais ferromagnesiáns, os vidros volcánicos, as ceolitas, as dolomitas e o apatito na fracción de 0,02 a 2,0 mm. A calcita, os agregados carbonatados, o xeso e os sales máis solubles que o xeso non se poden relacionar co grao de meteorización do solo, xa que debido á súa solubilidade poden estar presentes, incluso, en solos moi meteorizados nos que houbo unha acumulación secundaria; por iso, non se toman en consideración ao estudar os minerais meteorizables presentes nun solo.