Proceso físico, químico e biolóxico que provoca a transformación dos compoñentes orgánicos do solo en constituíntes minerais. Os constituíntes da materia orgánica fresca (glúcidos, proteínas e ácidos aminados, lípidos e ácidos nucleicos) poden sufrir transformacións rápidas a catións (entre outros cationes (entre otros Mg2+, Ca2+ K+, Mn2+), anións e moléculas simples (como CO2, NH4+, NO3−, PO43−, SO42−. É o que algúns autores denominan mineralización primaria. O proceso afecta tamén a moléculas orgánicas sintetizadas durante a humificación (substancias húmicas) cuxa transformación a formas minerais é moito máis lenta, aínda que os produtos finais son os mesmos, nun proceso ao que algúns autores denominan mineralización secundaria.