...

Modelo mecanicista que consiste en resolver a ecuación de fluxo de auga no solo para obter unha expresión da velocidade de infiltración. A ecuación que expresa a infiltración acumulada, I(t), nun tempo t de fluxo vertical, pódese aproximar de forma satisfactoria con dous parámetros de axuste: I(t) = St1/2 + At, onde S é a sortividade [cm h-0,5], que describe a absorción de auga como resultado unicamente do gradiente de potencial matricial; mentres que A é unha constante que depende das propiedades do solo e que é aproximadamente igual á condutividade hidráulica saturada, Ks. A ecuación indica que cando o contido de auga tende a cero, a velocidade de infiltración inicial é alta debido á sortividade (a gravidade non inflúe), pero a medida que transcorre o tempo, a velocidade de infiltración alcanza un valor constante, denominada infiltración básica ou final, cuxo valor numérico é similar á condutividade hidráulica saturada e que se debe á circulación da auga dentro do solo por acción da gravidade.