...

Hidratos de carbono, tales como a glicosa, que é o monómero máis común extraído do solo, e a frutosa. Non poden ser hidrolizados en azucres máis simples. Son os monómeros que constitúen tódolos polisacáridos. Teñen unha vida moi curta no solo, xa que son biodegradados rapidamente por bacterias e fungos, polo que o seu contido no solo é extremadamente baixo.

A adición de glicosa ao solo estimula o crecemento da comunidade microbiana autóctona, polo que se pode utilizar na rehabilitación de solos contaminados.