Forma de humus que se orixina en climas fríos e condicións aerobias, que se caracteriza por unha baixa actividade biolóxica (fundamentalmente fungos, ácaros e colémbolos) e, por tanto, con escasa transformación da materia orgánica, que se acumula.
Trátase dunha forma de humus moi ácida, formada a partir de aportes de materia orgánica lignificada, pobre en nitróxeno e en compostos hidrosolubles. O complexo arxilo-húmico está moi pouco desenvolvido ou non o hai. Prodúcese unha xustaposición da materia orgánica e da materia mineral. É de cor parda-denegrida e é fibroso. A relación C/N xeralmente é maior de 25. Fórmase, por exemplo, baixo bosques de coníferas en rexións húmidas.
É diferente dun mor cálcico (Tangel).