Toma de mostras previa división da área de mostraxe en estratos ou delineacións que se supón que son máis homoxéneos, dado que as variacións da propiedade considerada son menores dentro de cada estrato que entre estratos. O establecemento dos estratos realízase a partir de información previa, información local, fotointepretación ou outro criterio. Dentro de cada estrato as mostras pódense tomar ao azar ou seguindo outra estratexia de mostraxe. Considérase que este tipo de mostraxe proporciona maior precisión estatística, se ben a delineación previa dos estratos supón unha dificultade.