Toma de mostras probabilística para entender a distribución espacial das propiedades do solo, ás veces utilizando instrumentos de xeoestatística. Comézase a tomar mostras a partir dun punto determinado ao azar e a intervalos regulares, seguindo un esquema predeterminado. Pódese establecer unha malla e tomar mostras nas interseccións ou nos centros de cada cela, en terreos chairos ou cando se trata de propiedades que se distribúen ao azar. Tamén se poden tomar mostras seguindo transectos, no caso de solos en ladeiras. Por exemplo, en estudos de solos contaminados procédese establecendo unha malla; en cambio, en estudos de salinidade, se existe vexetación natural halófila, a distribución e natureza da mesma proporcionarán unha información complementaria que permitirá mellorar a calidade da mostra e diminuír o número de mostras.