Neutrón de baixa enerxía, cun valor de 1/40 eV a temperatura ambiente. Prodúcense pola perda de enerxía de neutróns rápidos por colisión con outras masas, ata que acadan o equilibrio co medio. Pódense medir cun detector que conteña un gas, xeralmente BF3, que os capta e emite unha partícula α que pode ser rexistrada e contada.