...

Proceso biolóxico de formación de nitratos, xeralmente por oxidación biolóxica do ión amonio en condicións de boa aireación do solo. Consiste en dúas etapas, a nitrosación (transformación de amonio ao ión nitrito, pola intervención de bacterias do xénero Nitrosomonas), e a nitratación (transformación de ión nitrito ao ión nitrato, por intervención de bacterias do xénero Nitrobacter). Este tipo de nitrificación denomínase autotrófica e é a predominante en solos neutros ou básicos. Tamén se poden formar nitratos nunha soa etapa directamente a partir do ión amonio.