...

Elemento químico non metálico, de símbolo N, número atómico 7 e peso atómico 14,0 que pode actuar cos estados de oxidación −3, +1, +3, +4 e +5. É un macronutriente que a maioría das plantas absorben do solo principalmente en forma de NO3− e tamén como NH4+ e que utilizan para a síntese de proteínas, de ácidos nucleicos e doutros compostos. En forma elemental (N2), ), só é utilizable por uns poucos organismos que son capaces de fixalo en formas biodispoñibles, principalmente bacterias (p.ex., Rhizobium, algunhas cianobacterias e arqueobacterias). O nitróxeno orgánico do solo só é biodispoñible trala mineralización dos compostos orgánicos que o conteñan.