Profundidade do plano ou superficie envolvente dunha capa freática na que a auga se atopa á presión atmosférica. A profundidade do nivel da capa freática pódese medir por medio de pozos ou piezómetros e pódese controlar con fins agrícolas por medio dun sistema de drenaxe artificial.