...

Sistema de cultivo baseado en sementar directamente nun campo cos residuos da colleita anterior. Limítase o uso de maquinaria a sementadoras capaces de facer a sementeira directa sobre os restrollos. A adopción deste sistema require un maior asesoramento técnico que en sistemas que inclúen algún tipo de labra, xa que é preciso coñecer as características do solo e as condicións ecolóxicas do lugar. O solo debe estar ben drenado, non debe ser susceptible á compactación e require algún sistema para eliminar as malas herbas (herbicidas ou outros).