En mecánica de fluídos, número adimensional utilizado para caracterizar o fluxo dun fluído nun medio poroso. Expresa a relación entre as forzas capilares e as forzas de filtración. A escala de poro exprésase como: Cap = μ v/σ, onde μ é a viscosidade dinámica; v, a velocidade do fluído; e σ, a tensión superficial. Tamén se pode expresar como Cap = σ K0,5/Lc v μ, onde K é a permeabilidade e Lc, a lonxitude característica.