...

Número adimensional que indica o limiar a partir do cal aparecen turbulencias nun fluxo. Expresa a relación entre as forzas de inercia e as forzas de viscosidade. Para unha canalización rectilínea de diámetro uniforme (d) sendo v a velocidade media do fluxo, ρw a densidade do fluído e ηw a viscosidade do líquido, exprésase como Re = d×v×ρw / ηw. Os límites admitidos para un medio poroso, curvo e cuxo diámetro varía, son: cando Re < 2300, o réxime é laminar, o que ten lugar cando predominan as forzas derivadas da viscosidade, e a lei de Darcy é aplicable, xa que o fluxo é lento e constante; cando 2300 < Re < 4000, o réxime é transitorio; e se Re > 4000, o réxime é turbulento, no que predominan as forzas inerciais e a lei de Darcy non resulta aplicable.