...

Organismo que utiliza unha fonte de carbono inorgánica (en xeral dióxido de carbono) para o seu metabolismo biosintético e que obtén a súa enerxía da oxidación de compostos doadores de electróns, que poden ser inorgánicos (quimiolitoautótrofos) ou orgánicos (quimioorganoautótrofos).

Son na súa maioría microorganismos, sendo os máis comúns as bacterias nitrificantes, anammox, oxidantes do xofre, oxidantes do ferro e oxidantes do hidróxeno, así como unha parte das arqueas.