...

Proceso químico no que unha especie química perde electróns que son aceptados por outra especie química que se reduce. Ten lugar en solos ben aireados, con boa drenaxe. Por exemplo, o S−2 oxídase a S6+ ao perder oito electróns que cede a outra especie química. Toda oxidación (semirreacción), está necesariamente asociada a unha semirreacción de redución, ao non poder haber electróns libres na natureza.