...

Mestura de solo e auga, na que todos os ocos da mostra están cheos de auga e non hai auga sobrenadante. Obtense engadindo lentamente e removendo cunha espátula auga desmineralizada a unha mostra de solo seca ao aire e peneirada a 2 mm, ata acadar o grao de saturación hídrica. Chégase a este punto cando a pasta presenta unha superficie brillante e reflicte a luz; cando ao facer nela un corte coa espátula e golpeala suavemente, o corte péchase e queda marcada a liña, e cando ao tomar unha mostra cunha espátula limpa, a pasta escorre e a espátula queda limpa. O método da pasta saturada permite chegar a unha situación de humidade representativa da concentración da fase líquida do solo, porque se aproxima ao contido máximo de auga que contén un solo en condicións de campo e ten en conta a influencia da textura do solo. Adóitase medir o pH da pasta e ao extraer a disolución por succión ou centrifugación obtense o extracto de pasta saturada.