...

Pasar por unha peneira. No procedemento estándar de análises de solo, a mostra tomada no campo (solo natural) penéirase a 2 mm para separar: 1) os elementos grosos (diámetro equivalente superior a 2 mm), e 2) a terra fina (diámetro equivalente menor ou igual a 2 mm), que é a fracción que se utiliza para levar a cabo a maioría de análises dos solos, en especial as análises químicas. Analogamente, ao realizar unha análise granulométrica certas fraccións sepáranse por peneiradura, p. ex. a fracción area. Nalgúns métodos de estudo da estabilidade da estrutura, a mostra de solo tras diversos tratamentos, o que permite determinar a resistencia dos agregados de diferentes tamaños. Ver métodos de estabilidade á auga, método Hénin.