...

Calidade de penetrable. Resistencia mecánica ou facilidade que ofrece o solo in situ a que unha sonda o un penetrómetro poida ser introducido nel. Non é unha propiedade do material, senón que depende do espazo de ocos, a estrutura do solo, a densidade aparente, o contido de humidade e o grao de compactación. Pódese estimar de forma cualitativa por medio dun ensaio de compacidade e cuantificar utilizando penetrómetros de peto ou portátiles para perfís de solos ou mediante plataformas específicas en estudos xeotécnicos. En agricultura condiciona o desenvolvemento radicular, o volume explorable polas raíces e a actividade de miñocas, e, dependendo da profundidade á que se presente esta limitación, a dispoñibilidade de auga, nutrientes e ancoraxe. En xeotécnica permite determinar a capacidade de carga do terreo e os cálculos para a cimentación de edificios.