...

Penetrómetro que rexistra a resistencia oposta polo solo ao avance da punta cónica cando se aplica unha forza exercida por medio dun émbolo sobre un resorte conectado á devandita punta. Para que os resultados das medidas poidan ser comparables débese traballar con instrumentos estandarizados e en condicións de humidade coñecidas. Resulta difícil de relacionar o valor rexistrado cun penetrómetro e o crecemento das raíces, e aínda máis co rendemento dos cultivos. Iso débese, entre outros factores, a que unha característica dos sistemas radiculares é a súa capacidade para un crecemento compensatorio. Un maior crecemento dunha parte das raíces nun medio máis favorable pode chegar a compensar un crecemento global reducido, de maneira que o crecemento da parte aérea e o rendemento global non se vexan afectados.