Procedemento consistente en facer pasar un fluído a través dunha columna de solo para extraer unha substancia determinada. Por exemplo, emprégase na determinación da capacidade de intercambio catiónico e dos catións intercambiables, na que se fai fluír unha disolución cun catión de referencia a través dunha mostra de solo, ata extraer totalmente os catións intercambiables.