...

Descrición gráfica da distribución dos contidos volumétricos de auga nun solo en función da profundidade nun momento determinado. Os perfís hídricos sucesivos permiten establecer as variacións da reserva de auga no solo ao longo do tempo. Nun solo homoxéneo inundado desde a superficie, o perfil hídrico presenta unha primeira zona saturada, inmediata á superficie do solo, debaixo da cal hai unha zona de transmisión próxima á saturación, e debaixo desta unha zona de descenso capilar que define a fronte de humectación, en contacto coa zona non saturada subxacente.