...

Logaritmo en base 10 da carga de presión negativa, hm, expresada en cm de columna de auga: pF = log [-hm]. Foi proposto por Schofield (1935) para construír as curvas características de retención de auga, dado que a carga de presión, hm, varía dentro dun intervalo moi grande de números negativos, en comparación co intervalo de variación do contido de auga, (θ, polo que a curva hm = f(θ) só se pode representar nun diagrama semilogarítmico. Un pF de 1 corresponde a unha carga de presión de 10 cm de columna de auga; un pF de 3, a hm = 1000 cm de columna de auga. As equivalencias co potencial matricial son: pF = 2,6 corresponde a ψm = -33 kPa; e pF = 4,2 equivale a ψm = -1500 kPa.