...

Aparato (potenciómetro) que permite medir o pH dunha disolución ou dunha suspensión solo-auga. A medida faise por medio de dous electrodos (ou dun electrodo combinado), que permiten medir a diferenza de potencial entre eles. O potencial dun dos electrodos (electrodo de referencia), é constante, mentres que o potencial do outro (electrodo selectivo de ións), depende da concentración [H3O+] na disolución ou na suspensión, polo que mide o pH, logo de calibración cunha disolución tamponada de pH coñecido.