...

pH que tería a fase líquida do solo se estivese en equilibrio cunha fase sólida de carbonato de calcio (CaCO3). No intervalo de pH de 7,0 a 9,5 calcúlase mediante a fórmula pHc = (pK2 − pKc) + pCa + pAl, onde pCa e pAl son os logaritmos decimais negativos da concentración molar de [Ca2+] e de [CO32−] + [HCO3] respectivamente, e pK2 e pKc os logaritmos decimais negativos da segunda constante de disociación do ácido carbónico (H2CO33, respectivamente, ambolos dous corrixidos pola forza iónica. Utilízase para determinar o risco de precipitación de CaCO3 a partires dunha auga, ou de que unha auga disolva CaCO3 ao pasar por un solo calcario.